martes, 24 de marzo de 2015

AS PALABRAS DA NÉBOA

As palabras dá néboa,-Premio García Barros 2007-  de Francisco Castro, é a miña última lectura, gustoume moito, lin varias novelas deste autor e esta é por agora a miña favorita.
Ambientada non seculo XVI, en Galiza, en plena revolta Irmandiña adentrandonos a esa época da historia galega, pero contada dun xeito diferente que fai que esta novela sexa tan especial.
Está dividida en catro partes, co comezo dunha cita en cada unha delas, escrita en terceira persoa cunha voz en off, que me aventuro a dicir que é a do propio autor, a cal vai facendo as súas propias reflexións, pero deixando cabida para que o lector tamén faga as súas.  
O libro contén música nas súas páxinas, as súas palabras namoran, está escrito nun galego precioso, unha ledicia para os sentidos, con frases que lle dan esa musicalidad á novela converténdoa nunha narración poética.
Os seus personaxes están perfectamente perfilados, descritos dun xeito sublime, co que o autor consegue que respires, sintas e vivas por eles. As palabras dá néboa enxalza por encima de todo ou poder dá liberdade, mediante as palabras e soños. Unha vez máis vemos como Francisco Castro, na súa novela fálanos de libros, do poder que adquiren para ser máis libres e a importancia que teñen nas persoas, sendo a salvación para vivir un mundo mellor. 
Nesta novela podemos dicir que o autor conseguiu unha gran obra, recordando un pouco ao gran Saramago e realizando un exercicio da linguaxe exquisita e cun final que a min deixoume nun soño nebuloso.


Abrir as súas páxinas é transportarse á Idade Media e a un confín de mundos imaxinarios. 
Unha novela que non podedes deixar de ler.

Traducción:
As palabras da néboa,- Premio García Barros- de Francisco Castro, es mi última lectura, me gustó mucho, leí varias novelas de este autor  y esta es por ahora mi favorita.
Ambientada no seculo XVI, en Galiza, en plena revuelta Irmandiña, adentrandonos la esa época de la historia gallega, pero contada de una manera diferente que hace que esta novela sea tan especial.

Está dividida en cuatro partes, con el comienzo de una cita en cada una de ellas, escrita en tercera persona con una voz en of, que me aventuro a decir que es la del propio autor, la cuál va haciendo sus propias reflexiones, pero dejando cabida para que el lector también haga las suyas. 

El libro contiene música en sus páginas, sus palabras enamoran, está escrito en un gallego precioso, una alegría para los sentidos, con frases que le dan esa musicalidad a la novela convirtiéndola en una narración poética.

Sus personajes están perfectamente perfilados,descritos de una manera sublime, con el que el autor consigue que respires, sientas y vivas por ellos. 
As palabras da néboa ensalza por encima de todo o poder da libertad, mediante las palabras y sueños, una vez más vemos como Francisco Castro, en su novela los hablan de libros, del poder que adquieren para ser más libres, y la importancia que tienen en las personas, siendo la salvación para vivir un mundo mejor. 
En esta novela podemos decir que el autor consiguió una gran obra, recordando un poco al gran Saramago y realizando un ejercicio del lenguaje exquisito y con un final que a mi me dejó en un sueño nebuloso.
Abrir sus páginas es transportarse a la Edad Media y a un confín de mundos imaginarios. 
Una novela que no podéis dejar de leer.

Sinopsis:
Esta é unha novela sobre a liberdade. E sobre os soños. Dos homes e dos pobos. As palabras da néboa é unha historia sobre tres destinos. Un aventureiro que volve do Novo Mundo; un señor feudal derrotado; unha muller libre que cambia a realidade só coa palabra. Maxia, libros prohibidos e unha revolta campesiña na Galicia do século XVI forman o pano de fondo no que Francisco Castro sitúa un relato de guerras, meigallos, violencia e épica colectiva. Unha historia sobre o dereito á utopía.

Biografía do autor:
Francisco Castro (Vigo, 1966) traballa na actualidade na Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes.
É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicouXeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, eUn bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia.
En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano.
En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010).
En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10'